Ameazan o Vilalonga con quitarlle 2 puntos por non pagar unha factura arbitral

vilagarcía / la voz

AROUSA

O club pagou onte mesmo os 390,40 euros que se lle requerían por unha factura de decembro que nin na Federación nin no Novo San Pedro saben como se puido traspapelar

04 feb 2016 . Actualizado a las 16:21 h.

Enormemente sorprendida. Así recibía o luns a directiva do Vilalonga F.C. a decisión do Comité Territorial de Competición e de Disciplina da Preferente Autonómica de apercibilio cunha posible sanción de menos 2 puntos na clasificación. O motivo, o suposto impago por parte da entidade celeste dunha arbitraxe do mes de novembro, por unha contía de 390,40 euros facturada o pasado 14 de decembro.

A presidenta do Vilalonga F.C., Lorena González, aclaraba que o club fixo onte mesmo o pagamento, e que todo se debeu a «un problema que no se sabe muy bien cómo sucedió. Ni ellos -a Federación-, ni nosotros sabemos el porqué». De feito, «hemos tenido arbitrajes posteriores, y todos fueron pagados, y en el banco había saldo en la fecha de la factura».