Debacle do Atlético Arousana ante o Sporting Xixón

Vilagarcía / La Voz

AROUSA

As de Nando González caeron 1-7 co conxunto asturiano

27 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O Atlético Arousana perdeu o domingo na Lomba 1-7 a mans do Sporting Xixón, antigo E.F. Mareo, na xornada 3 da Segunda División, sumando un só punto no casilleiro de Liga.

Tras un erro clamoroso nun córner que poñía o 0-1 Arufe non acertou a bater a porteira asturiana ao cuarto de hora no lanzamento dun penalti que puido cambiar o curso do choque. Ao descanso o Arousana perdía 1-3, mantendo a confianza nunha remontada. Ata que ao pouco de voltar ao terreo de xogo as de Nando González encaixaban o 1-4.