«Imos continuar colaborando coa AECC, pero non sei se haberá máis espectáculos»

Logo do que sucedeu, a continuidade da gala benéfica está no aire.

-¿Vai haber máis edicións?

-A empresa nova coa que estamos, que xa xestiona a xira deste ano, está de acordo en seguir colaborando coa Asociación Española Contra o Cancro. Mesmo houbo conversas con eles, coa AECC de Pontevedra, para continuar entregándolles os beneficios da venda de camisetas e merchandising, haxa ou non haxa gala. Porque o certo é que estamos valorándoo. Non sei se haberá máis galas benéficas.

-¿De habelas, volverían a Galicia?

-Non cho podo dicir aínda, porque non o sei. O que si está claro é que, sen as galas, a proxección vai ser menor, e esa venda de merchandising tamén vai ir a menos. En calquera caso, déixame dicir que a nivel artístico, para min, como director e cantante, poder coordinar un espectáculo como este e cantar con artistas como Bisbal, imaxínate o que significou. E logo, podes falar coa presidenta da asociación. Ela sempre o di: «Se son vinte mil euros, benvidos sexan; pero se son vinte, tamén».

-Panorama deixou a empresa que a xestionaba. Pero, dígame, ¿tampouco non ten nada que ver xa con Espectáculos Lito?

-Hai tempo que non. As condicións da nova empresa foron contar coa miña dirección artística e co elenco de Panorama.

-¿Perigou a orquestra?

-Panorama é moi coñecida, para o bo e para o malo. E dando por certo isto, Panorama sempre funcionou ben. Só perigará o día que non funcione o espectáculo.

Votación
0 votos
Etiquetas
AECC Música Pontevedra ciudad
Comentarios