Os Ingleses acaba terceiro a falta de bonus

O cadro arousán perdeu 65-12 co Ferrol, e deberá xogar as semifinais da promoción polo título en Ourense co Keltia 

vilagarcía / la voz

A consecución dun bonus que lle daría o factor campo ao seu favor na promoción polo título de Liga da Primeira Autonómica resultou o domingo misión imposible para Os Ingleses no feudo do intratable campión da fase regular. Cun 65-12 en Ferrol os homes de Ju víronse relegados ao terceiro posto cos mesmos puntos có segundo, o Keltia Ourense, co que xogará o play-off, a partido único, este domingo en campo rival.

 

Votación
0 votos
Etiquetas
Play off Rugbi Vilagarcía de Arousa
Comentarios