Martín Códax comeza a vendima con mellores previsións ca o ano pasado

hugo portela / A. G. CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

A bodega cambadesa prepárase para o comezo da vendima cuxo punto groso está previsto para a vindeira semana

30 ago 2023 . Actualizado a las 18:40 h.

Bodegas Martín Códax comezaba recentemente unha colleita selectiva das primeiras partidas de uva destinadas a pé de cuba e a elaboracións de viños espumosos. O comezo do groso da vendima está previsto para a partir desta semana e desde a adega cambadesa destacan o equilibrio que presenta o froito en canto a azucre e acidez.  

Clima favorable

Este ano, as previsións meteorolóxicas semellan ser favorables, o que permitirá facer unha recollida tranquila e moi selectiva que se estenderá ata a segunda semana de setembro. Deste xeito, dará tempo a que toda a uva alcance o seu nivel óptimo de maduración.

O director técnico de Bodegas Martín Códax, Miguel Tubío afirma que «falando climáticamente, a vendima deste ano é similar á do 2017. A primavera cálida e sen choiva como a de este ano, sempre provocan unha boa fertilidade e un bo tamaño do acio». Ademais, engade que se prevé «unha colleita boa e equilibrada, tanto en calidade como en cantidade, superior á do ano pasado nun dez por cento».

Outro ano máis a vinoteca de Cambados volve acoller a moitos traballadores na época da vendima, algo que ocorre na maioría das adegas todos os anos debido á gran afección ao viño dos galegos e as galegas. Por parte de Martín Códax se espera que a actividade sexa máis produtiva que o ano pasado e que a calidade desta colleita de uva se vexa tamén reflectida no resultado final do viño da bodega. Con isto, Códax da peche a un verán moi activo.