Maristas e Arxil xogarán o domingo o segundo Memorial Araceli Oubiña no Pombal

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O Xuven facilitará a recollida de fondos para a asociación nacional que loita contra o cancro metastásico

27 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O próximo mes farán tres anos desde que Araceli Oubiña cambiou a acción pola memoria do recordo dunha muller combativa que encarou ata o derradeiro minuto da súa vida o cancro de mama metastásico. O seu e o de todas as mulleres que o padecen ou o vaian sufrir no futuro. Deportista de raza ademais de peza fundamental na asociación nacional que traballa a prol da investigación dunha cura para a enfermidade que a acabou levando, Araceli volverá ser recordada este domingo polo primeiro club da súa carreira como xogadora de baloncesto, na segunda edición do Memorial Araceli Oubiña que organiza o Xuventude.

A súa presidenta, Julia Cacabelos, o alcalde de Cambados, Samuel Lago, e a concelleira de Deportes, Noelia Gómez, presentaron onte o Maristas Coruña e o CB Arxil como os dous equipos que se enfrontarán o domingo ás 12 no pavillón do Pombal. Alí, quen o desexe, poderá contribuír cun donativo ao financiamento da asociación contra o cancro metastásico.

No mesmo pavillón, pero o sábado, os equipos masculinos do Xuventude e do CB Vilagarcía disputaráno Torneo do Albariño.