Martín Rey renova un ano co Padronés Cortizo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

ASIER TORRADO

«Terminé el año con grandes sensaciones y espero que el próximo sea el de la consolidación definitiva. Daré lo mejor de mí para seguir ayudando al equipo a lograr grandes metas y poder dar el salto a profesional», dice

31 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Padronés Cortizo fixo pública a renovación nas súas filas do ribeirense Alejandro Paz (2002) e do último e máis novo campión na historia da Volta a Galicia, o vilagarcián Martín Rey (2003).

Rey, que este ano volveu ao club no que se forxou como ciclista, asinou un 2023 para o recordo. Ademais do seu triunfo na xeral da gran cita autonómica elite e sub 23, o vilagarcián gañou a Volta ao Baixo Miño, destacando tamén na Vuelta a Madrid Sub 23 ao cruzar a meta na segunda posición en Buitrago de Lozoya e no Trofeu Ribeiro da Silva en Portugal, no que rematou entre os dez mellores nunha carreira con ciclistas profesionais e segundo na clasificación de corredores novos.

Rey declarou nas redes sociais do Cortizo estar «muy feliz», engadindo: «Terminé el año con grandes sensaciones y espero que el próximo sea el de la consolidación definitiva. Daré lo mejor de mí para seguir ayudando al equipo a lograr grandes metas y poder dar el salto a profesional».