A inda júnior Leyre Villamediana, sétima no Nacional Absoluto

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Cedida

A deportista do J.C. Pontevedra-Squash Vilagarcía pecha un primeiro ano júnior excepcional, con triunfo no Sector Oeste Sénior

08 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O mes pasado, a deportista vilagarciá do Judo Club Pontevedra-Squash Vilagarcía Leyre Villamediana proclamábase campioa do Sector Oeste do Campionato de España Absoluto de Judo na categoría feminina de menos de 63 quilogramos. O pasado sábado a arousá, que vive o seu primeiro ano en idade júnior, completaba a súa participación na fase final do Campionato de España Absoluto no sétimo posto entre as 17 competidoras do seu peso congregadas no Pabellón Navarra Arena de Pamplona, representando a nove comunidades autónomas diferentes.

Inicio contundente

Villamediana conseguiu vitorias rotundas nas primeiras roldas, combinando un bo traballo de judo pé con progresións efectivas ao chan. Pero unha derrota ante unha rival valenciana relegouna á repesca, que comezou superando a asturiana Elisa Fernández por estrangulación, para caer acto seguido coa navarra María Ramos por decisión arbitral, cortándolle o paso cara ao terceiro chanzo do podio.