O Dorna F.G. pasa a liderar a Segunda División

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

A ILLA DE AROUSA

A Mecas F.G., pola contra, perde na súa estrea na Liga

30 nov 2016 . Actualizado a las 05:05 h.

Dúas de dúas. O Dorna Fútbol Gaélico situouse a pasada fin de semana á fronte da clasificación da Segunda División Masculina. Cun cómodo triunfo sobre un dos seus teóricos rivais directos polo ascenso á máxima categoría autonómica. Un Keltoi de Vigo que visitaba A Illa de Arousa mermado sen varios dos seus habituais no once titular.

O Dorna F.G. marcou pronto diferenzas liderado por un gran Barry Linch, e pola superioridade do seu plantel na segunda parte. Ao final do encontro, 22 (3-13) a 7 (2-01) para o cadro arousán, que a vindeira semana recibirá no campo da Bouza o debutante Terras do Eume.

Auga na estrea do Mecas F.G.

Tamén a pasada fin de semana, a Mecas F.G. abríu a súa participación na Liga Galega Feminina 2016/17 cunha derrota a domicilio máis abultada do agardado, vista a igualada primeira parte do seu choque co poderoso Auriense F.G. O marcador final, 32 (4-20) a 14 (0-14).