A Deputación destina 102.677 euros para o novo parque infantil de Castrelo

Cambados LA VOZ

CAMBADOS

Estará situado en O Adro e as obras teñen un prazo de execución de dous meses

24 abr 2015 . Actualizado a las 17:15 h.

A Deputación de Pontevedra aprobou a concesión de 102.677 euros ao Concello de Cambados para construír unha zona de ocio infantil en Adro-Castrelo. Dotarase o parque do mobiliario axeitado a esta infraestrutura ?balancíns, randeeiras, resortes e conxuntos de xogo como o castelo, a casiña, unha árbore? e construirase unha base de formigón que será recuberta con caucho nas diferentes zonas de xogo e cos cores que eviten impactos visuais negativos sobre as zonas patrimoniais próximas. Nesta actuación tamén se inclúe reserva unha zona verde para o crecemento de vexetación autóctona. Os traballos previstos, que teñen un prazo de dus meses, inclúen a construción dunha rampla de acceso ao futuro parque dende o paso de peóns.