O Xuven recupera a Jesús na metade do previsto

vilagarcía / la voz

CAMBADOS

O aleiro vilagarcián volta tras dúas semanas parado pola rotura do dedo dun pé

01 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Logo do duro varapao sufrido o pasado sábado, coa derrota ante o Olivar no Pombal tras ir gañando de 20, o Xuven Cambados inicia unha desas longas semanas con final en domingo -esta vez, na cancha do Fundación Lucentum- cunha boa nova. E é que Jesús Díaz del Río estaba onte dispoñible para Miguel Ángel Hoyo, recurtando á metade o mes de convalecencia inicialmente previsto pola rotura dun dedo.