O C.A. Cambados Seguros Noval sobe ao podio da Carreira Popular 24 Horas Relevos de Vigo

Vilagarcía / La Voz

CAMBADOS

Un dos seus tres equipos participantes rematou terceiro no que é un prometedor inicio de tempada do club arousán

30 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O Clube Atletismo Cambados-Seguros Noval pechou con excelente sabor de boca a súa participación na Carreira Popular 24 Horas por Relevos de Vigo. Tras quedar ás portas do podio un ano antes, o colectivo arousán víu a un dos seus tres equipos en lid subirse ao terceiro chanzo do caixón de honra, cun segundo equipo rematando quinto e o terceiro en xogo no decimocuarto posto dunha clasificación xeral con 37 planteis de relevista en carreira.

A proba, que se desenvolveru desde as 12 horas do sábado ás 12 do domingo, esixíu a cada atleta participante da orde de entre 25 e 35 quilómetros en función da táctica de cada un, con equipos mixtos compostos por homes e un mínimo de tres mulleres. Durante moitas horas dous dos equipos do C.A. Cambados lideraron a clasificación provisional.

 

Campaña de socios

Os integrantes do C.A.C. animan os afeccionados ao atletismo de Cambados e arredor a sumarse ao club a través da súa páxina de Facebook ou do whatsapp no 658 813 005.