Rubén segue vivo na memoria dos seus amigos

La Voz VILAGARCÍA

CAMBADOS

O mariñeiro cambadés finado o pasado maio nun accidente facendo ciclismo foi homenaxeado cunha comida en Vilaxoán

15 abr 2024 . Actualizado a las 09:51 h.

Rubén Casais Barral cumpriría onte 52 anos e, posiblemente, o tería celebrado coa súa familia e entre os seus amigos. Un accidente ocorrido o pasado maio no monte da Fracha (Pontevedra) truncou a súa vida mentres practicaba ese ciclismo de montaña (enduro) que tanto lle gustaba. Chorouno entón a xente do mar —era mariñeiro de profesión— e a xente de terra coa que tanto compartiu en Cambados, en Armenteira, en Vilaxoán, en Corrubedo...

Os seus amigos non o esquecen e o sábado medio cento deles reuníronse arredor da mesa para renderlle unha homenaxe que se convocou con espírito festivo pero que, inevitablemente, desatou a emoción e algunha bágoa. Rubén era festeiro; poñía a perruca no entroido, gastaba pista e se había que coller o micro e cantar, cantaba, que para algo pinchou música nos seus anos mozos no Bubú. Seguro que lle houbera gustado a festa que se montou en Vilaxoán, na que tamén se quixo facer partícipe á súa familia, que marcho de alí agradecida e orgullosa polas mostras de cariño recibidas e cun retrato asinado por todos os presentes. Rubén permanece na memoria de todos eles.