Veciños de Meaño reunirá a 855 persoas este domingo no seu Xantar de Nadal

La Voz MEAÑO

MEAÑO

Grupo municipal de Xuntos por Meaño
Grupo municipal de Xuntos por Meaño MONICA IRAGO

O acto celebrarase no pavillón de Xil e contará con música e inchables para nenos

11 nov 2023 . Actualizado a las 19:17 h.

Veciños de Meaño madruga á hora de celebrar o Nadal e este domingo celebra a seu xantar anual reunindo a 855 persoas no pavillón de Xil. Segundo informa a agrupación que goberna no Concello e lidera Carlos Viéitez, será a edición das tres que levan organizado máis multitudinaria. No menú haberá polbo, empanada, carrileras, postre, viño, bebidas e café e como invitado especial estará Marcial Mouzo da RTVG.

O evento estará amenizado polo dúo Prismas. Tamén habrá inchables para os mais pequenos. O prezo é de 28 euros para os adultos e 15 para os nenos.