Máis de 70 arousáns na Copa de España de 1.000

A cita, esta fin de semana no encoro asturiano de Trasona

vilagarcía / la voz

O encoro asturiano de Trasona é esta fin de semana o escenario da segunda cita do calendario da Liga Olímpica de Sprint Hernando Calleja. Tras o Campionato de España de Inverno, sobre distancias de 2.000 e de 5.000 metros, chega a Copa de España de 1.000 metros, 500 para as mulleres e para o K-4 masculino, este último con vistas ao troco do calendario olímpico.

Serán 73 os padexeiros arousáns en acción, das Torres-Romaría Vikinga (26), do Breogán (24), dos náuticos O Muíño (5) e Pontecesures (10), e dos piragüismos Cambados (3) e Illa (5).

Votación
1 votos
Etiquetas
Pontecesures Cambados Ribadumia Catoira O Grove Breogán do Grove Club Piragüismo As Torres A Illa de Arousa Piragüismo
Comentarios