O PP recurre á Valedora para pedir información sobre o polígono promovido por la Xunta de Galicia en Pontecesures

La Voz PONTECESURES / LA VOZ

PONTECESURES

MONICA IRAGO

28 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O grupo municipal do PP de Pontecesures vén de presentar un escrito ante a Valedora do Pobo para que medie ante o Concello e se lle facilite toda a documentación existente sobre o novo proxecto do polígono de Tarroeira, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo da Xunta de Galicia. A formación popular fala de postura «escurantista» do bipartito encabezado por Maite Tocino, que traballa nunha alternativa o deseño feito polo PP.