Ribadumia e Céltiga perden a Mou e a Javi para o seu derbi

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

RIBADUMIA

Ambos veñen de ser sancionados por acumulación de tarxetas polo xuíz único de Competición da Terceira

01 dic 2016 . Actualizado a las 05:05 h.

As resolucións semanais do xuíz único de Competición da Terceira División confirman a suspensión por acumulación de amonestacións dos pivotes defensivos do C.D. Ribadumia, Mou, e do Céltiga, Javi. Unha coincidencia que iguala o parte de perdas por razóns de orde sancionador nos dous veciños que este sábado, a partir das 20 horas, medirán os seus estados de crise na Senra.