O sutil arume en soidade das flores que nunca existiron

VILAGARCÍA DE AROUSA

<span lang= gl >Esta é a terceira mostra de Uxío en Arcana</span>
Esta é a terceira mostra de Uxío en Arcana . martina miser< / span>

Uxío López expón na Galería Arcana ata o 27 de xuño

21 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 27 de xuño???Galería Arcana???Vilagarcía?? A obra máis recente de Uxío López (Irún, 1958) foxe dos grandes formatos de ocasións pasadas para mergullarse nun universo lixeiro e sutil. A exposición que onte inaugurou a galería Arcana -verdadeira sobrevivente dos espazos privados para a difusión das artes plásticas, logo de 19 anos- atopa en «Aroma en Soidade» un acaído título. Son doce creacións dun tamaño que en ningún caso excede os 65 centímetros. Tinta, pigmentos e verniz debuxan flores imaxinarias sobre un soporte tan livián coma o papel de arroz. Unha mostra de primavera que agroma dende a última invernía. Os paneis composite, deseñados tamén por Uxío, facilitan a serena contemplación destas flores que nunca existiron, sen interpoñer elementos estraños fronte á ollada. Velaí a terceira colaboración entre o autor vilagarcián e o propietario de Arcana, Anxo Pastor, logo de «Mirada de Preto» (2007) e «Pequeno Escenario» (2012).