Triunfo dos Ingleses no inicio de pretempada

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

O cadro vilagarcián superou 68-5 ao Mareantes

27 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O Os Ingleses disputou a pasada fin de semana o seu primeiro partido de preparación de cara ao seu debú na Primeira Autonómica 2016/17 o 22 de outubro. Fíxoo cun contundente triunfo por 68-5 sobre un Mareantes con só 16 efectivos.

O corpo técnico formado por Ju e por Chamy Doval contou no quinte titular con Jorge B., Pececito, Vasilin; Fran e Quebra; JJ, Perdigón e Gambita; Adoquín e Manolito; Biris e Rubén; Maneiro, Breixo e Jairo. Tamén xogaron Morris, Lema, Miki, Miquel, Juaco, Martiño e Juan.