«Twitter é un foco de censura indiscriminado»

VILAGARCÍA DE AROUSA

PACO RODRÍGUEZ

É dos cómicos máis seguidos. E dos máis activos. Hoxe presenta no Bianco de Vilagarcía unha selección dos seus máis recentes monólogos

24 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Leva catro anos ininterrumpidos en cartel na Gran Vía madrileña co seu monólogo El Umbral de la Estupidez. Ven de escribir unha exitosa obra teatral (5 y Acción) e unha serie para TVE. Grava delirantes sketches para o seu canal de vídeos Pantomima Full. E, de cando en vez, déixase caer pola terra para non esquecer que o galego foi o idioma no que aprendeu a contar. Como esta noite, na que no Bianco de Vilagarcía, recopilará esceas das súas máis recentes creacións a xeito de persoal antoloxía.

-Hai quen fala de certo agotamento no formato do monólogo. ¿Vostede o percibe?

-Hai certa saturación. Ninguén se retira e cada vez aparece máis xente. Pero quen non che vai dicir que non hai sobreoferta no seu gremio? Dá igual un bar que unha ferretería. Na comedia, tamén.

-Como gran observador da realidade que é, ¿que é o que máis perplexo o ten ultimamente?

-Estou dándolle moitas voltas aos tabús. Temas que parecen grandes pero que en realidade son pequenos, como o racismo, a homosexualidade, o suicidio... Agora que cada vez é máis difícil falar de certas cousas a min dame por intentar explicalas. E darlle a entender á xente que de calquera tema, ata de os máis delicados, coa perspectiva correcta pódese facer humor.

-¿Ten a sensación de que imos cara atrás en canto a certas liberdades persoais, como a de expresión?

-Totalmente. Cada vez censúrase por menos. Saltan a as alarmas e a xente non escoita. Teñen nas alertas de Google postos todos os tabús: cancro, feminismo... E cando saltan non se paran nin a escoitar a mensaxe nin hai debate posible. É agotador. A min, por exemplo, encantaríame que desaparecese Twitter que é un foco indiscriminado de ofensas e censuras e que ademais lle otorga as cousas unha dimensión trascendental que é de todo punto absurda.

-Se cadra o principal espazo de liberdade é Internet. ¿É por iso que manteñen activo a canle de vídeos de «Pantomima Full»?

-Eses vídeos naceron como unha promo de mantemento do espectáculo que tiña con Alberto Casado. Pero estamos gustando tanto que lle estanos adicando moito esforzo e o pouco tempo que temos libre. É algo que nos divirte e nese formatiño que atopamos podemos amosar o noso humor.

-Un deses vídeos está adicado aos ascensores. ¿Que lle pasa con eles?

-A min nada, vivo nun séptimo (rise). Pero chámame moito a atención e faime graza toda esa xa xente que cada día se saca unha foto no ascensor e a sube ás redes sociais. O que busco é rirme un pouco de toda esa tontería que a cotío nos rodea.

-Tamén é por rirse, neste caso de vostede mesmo, ¿esa afición por pousar espido?

-Iso empezou cunhas fotos promocionais para a web de Solo Comedia e pasou a se converter nunha tradición navideña. Bueno, faime graza trasladar unha foto que nunha muller sería normal pero que nun home, e por enriba co meu físico, vólvese grotesca. Pero fágoo sen ánimo de denuncia. Sinxelamente faime graza ese ridículo.

-Parafarseando o título do seu espectáculo, ¿onde sitúa o umbral da estupidez?

-Agora mesmo, moi a flor de pel.