Casais e Muñoz debutan na grande estrea internacional dunha selección española

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Os deportistas do Kenpo Vilagarcía arrincan con kata e armas catro días de competición na localidade portuguesa de Albufeira

26 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Chegaron o luns a Albufeira, onde se concentraron co resto dos integrantes da selección española. Onte cumpriron cos pertinentes trámites da pesaxe e do recoñecemento polos médicos da competición. E hoxe os vilagarciáns Carolina Casais Barcia (22 anos) e Pedro Muñoz Fole (18) gozarán dunha experiencia única. A de debutar no primeiro Campionato do Mundo de Kenpo no que participa unha selección española deste deporte de maneira oficial.

Kata e armas son as especialidades nas que Casais e Muñoz inician os seus catro días de competición en terras portuguesas. Mañá xoves será a quenda da defensa persoal e de combate. Nesta última modalidade, só co competidor masculino en acción, con programa de competición tamén o venres e o sábado.

Os dous competidores vilagarciáns desprazáronse ata Albufeira acompañados do seu adestrador e alma mater do Kenpo Vilagarcía, Mario Hermo. Un club que leva catro anos salientando como o mellor de España, e que o mes pasado voltaba de Guadalajara do Campionato de España con once títulos e con 27 medallas.

Desde Portugal, Mario Hermo declaraba onte na véspera da apertura do Mundial que o de hoxe «es un gran día para Carolina y Pedro, y para el club. Un hecho histórico que formen parte de la primera selección española de kenpo oficial que dispute un Mundial, con casi 40 países y más de 600 competidores». Un privilexio conseguido «con mucho trabajo y esfuerzo a lo largo de estos años», subliña o técnico, que a título persoal di que «para mí es un gran orgullo». Polo acadado, e «por el hecho de haber tenido la fortuna de estar cada día con ellos desde que empezaron en el kenpo, y verles ir consiguiendo todo, tanto en la competición, como en su formación, con dos cinturones negros».

Varias veces campións de España, Casais, estudante de Enfermería, e Muñoz, no último ano de bacheler e xogador tamén do CLB, son para Hermo aspirantes a podio. Sería o cumio aos anos de traballo de todo un club modesto como o Kenpo Vilagarcía, cuxo obxetivo, sinala Hermo, é «formar buenas personas, prioridad en los estudios, y que el deporte les dé a nuestros deportistas valores, espíritu de superación, y la salud para poder conseguirlo».