«Aí ven o maio».

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

CEDIDA

29 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O vindeiro luns é o día dos maios, a festa máis florida de todo o ano. Pero como tamén é día non lectivo, en moitos coles e centros de ensino dedicaron a xornada de onte a manter viva esta fermosa tradición. Armados de fiunchos, pampullos e flores varias, os rapaces construíron as súas estruturas vexetais. Na foto, os nenos da escola municipal de Vilagarcía.