Posavasos para fomentar o uso do galego

mARINA SANTALÓ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

Os alumnos do IES Castro Alobre repartirán as súas obras polos establecementos de hostalería da cidade

25 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

«Bebe galego» ou «móllate co galego» son solo dous das dez frases que poden lerse nos posavasos creados polos alumnos do IES Castro Alobre. Resumen perfectamente a imaxe a que acompañan e son boa representación do fin polo que se crearon: difundir o galego para loitar contra unha importante perda de falantes. «Solo un 1 % do alumnado do centro e galegofalante. Hai quen o emprega por deferencia ao seu interlocutor pero é a lingua nai de moi poucos», explica Pepe Torres, do equipo de normalización lingüística, precursor da iniciativa.

Déronse dúas indicacións. Unha en forma de palabras e outra de imaxe. Compleméntase a perfección: Un trago a unha copa dun viño da zoa e unha Vilagarcía repleta de persoas con motivo da Festa da Auga. “Tiñan que establecer un vínculo coa cidade a través da imaxe e unha frase que invite ao uso do idioma”, explican dende o centro.

Reparto

Creados os posavasos, solo falta a segunda a parte da iniciativa. Buscar unha tarde para repartilos polos diferentes establecementos de hostalería que hai na cidade. Son un total de 6.000 posavasos. Os dez escollidos son o resultado dunha complicada selección debido a importante participación que houbo no centro. Cerca de 200 alumnos participaron cos seus bocetos, entre os cales realizouse a elección.

Esta iniciativa é a segunda parte dunha similar que realizouse fai dous anos, cando os estudantes crearon uns salvamanteles en galego que tamén repartiron entre os bares e restaurantes da cidade.

«A intención de ambas iniciativas é levar a campaña de dinamización da lingua fora do centro», explican desde el centro. De aí, o acordo con Ravella e os establecementos hostaleiros.