Casting de «Atrápame se podes», presentado por Paco Lodeiro, no Centro Comercial Arousa

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

CEDIDA

A proba celébrase este martes, de 11 a 14 horas, e de 16 a 19, nas instalacións de Vilagarcía

11 mar 2024 . Actualizado a las 22:23 h.

Atrápame se podes, o programa que Paco Lodeiro presenta na Televisión de Galicia, vai á procura de novos participantes logo de entregar, en setembro, o meirande premio da historia da TVG: un bote de 101.800 euros que recibiu Iván Pantín, o profesor de música que foi quen de subir ao quinto chanzo sen fallar ningunha resposta. Este martes, o casting para o concurso desembarca no Centro Comercial Arousa de Vilagarcía, entre las 11 e as 14 horas, e de 16 a 19 horas.

Para intervir nas probas de selección non hai máis que acudir ás instalacións do parque da Xunqueira nas horas citadas, e ser maior de idade. Non hai máis requisitos. Mesmo aquelas persoas que estean interesadas, e non poidan participar presencialmente no casting, teñen un oco e unha oportunidade. Poden mandar un correo electrónico cos seus datos ao enderezo atrapamesepodes@crtvg.gal ou escribir ao número de teléfono 629 613 376, xa que o proceso fica aberto todo o ano.