Jéssica Bouzas cae na primeira rolda do WTA 1.000 de Miami

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Pedro Pimenta

A vilagarciá caeu 6-3 e 6-1 coa veterana estadounidense Emina Bektas

18 mar 2024 . Actualizado a las 19:03 h.

A estrea de Jéssica Bouzas Maneiro no Miami Open presented by Itaú resultou fugaz. A vilagarciá, que fixo a súa segunda viaxe transoceánica do ano co reto de poder avanzar por primeira vez nun torneo WTA 1.000, o chanzo inmediatamente inferior ao dos grand slams, viuse apeada na primeira rolda do cadro da previa pola veterana Emina Bektas. Unha hora e 13 minutos bastáronlle á estadounidense de 30 anos para superar a galega en dous sets: 6-3 e 6-1. 

As outras dúas tenistas españolas no cadro da previa de Miami, Bassols e Masarova, correron idéntica sorte, perdendo respectivamente 6-1 e 6-2 con Timofeeva e 6-4 e 6-4 con Sramkova. Bouzas volve a España para ultimar o inicio da temporada terra, en abril.