«Aquí os problemas pesan máis para a agricultura ecolóxica»

La Voz

VILANOVA DE AROUSA

19 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

-En Vilanova levan apostando dous anos por un obradoiro de agricultura ecolóxica, traballando produtos estraños por estas terras coma a quinoa. O peso da agricultura ecolóxica é porén residual en Arousa. ¿Unha oportunidade que non se está a aproveitar?

-Para min a agricultura ecolóxica, máis que unha oportunidade económica, enténdoa como algo no que realmente se cre. Que un agricultor entende que esa é a forma de relacionarse co medio e coa produción. Sen esa compoñente de adhesión ideolóxica creo pouco na agricultura ecolóxica. De haber máis xente que crea niso, terá máis crecmento. Aquí en todo caso temos máis problemas para o seu desenvolvemento, pola dimensión das parcelas, pola cercanía das viñas e dos seus tratamentos fitosanitarios. En Horsal non temos produción certificada como ecolóxica. Si que temos produtores con ganas de facer algo distinto. Pero por agora pesan máis os problemas da produción.

-Tamén está a recente irrupción do olivo. ¿Hai unha boa veta no Salnés para pensar nunha produtiva febre do ouro líquido?

-Vexo que se está a facer algo de prantación. Pero a verdade é que é un tema que descoñezo, tanto o referente ao cultivo, como ás súas necesidades, e o mercado que poida ter.