Traca final da Festa da Dorna en Ribeira co desfile do Top Secret

M.X.B.

BARBANZA

MARCOS CREO

25 jul 2014 . Actualizado a las 00:26 h.

A Dorna ribeirense despediuse, como ven sendo habitual, co desfile do Top Secret. Cento de persoas abarrotaron as rúas de Ribeira para dicirlle adeus a unha singradura, a número 66, que pasará á historia. Se todas as actividades que se desenvolveron ao longo dos sete días de celebracións foron concorridas, a singular procesión que serviu para por o broche de oro rachou as estatísticas. Ata medio quilómetro de cola se formou ao paso do desfile polo Malecón, un Top Secret presidido, nesta ocasión, por unha guillotina a piques de caer enriba dun chourizo, coa que a Real e Ilustre quería denunicar as inxustizas que están a acontecer en España nestes últimos anos. A noite, cos Diplomáticos de Montealto como actuación estelar, prometía e seguro que non defraudou.