O PSOE reivindicou a Castelao «como feito» no Día de Galicia en Rianxo

Marta Gómez Regenjo
Marta Gomez RIANXO

BARBANZA

Gómez Besteiro sumouse á celebración do 25 de xullo na vila rianxeira

25 jul 2014 . Actualizado a las 16:41 h.

Ducias de persoas participaron hoxe na tradicional homenaxe que o PSOE rende a Castelao en Rianxo para celebrar o Día de Galicia. No acto, presidido por José Ramón Gómez Besteiro, reivindicouse ao autor de «Sempre en Galiza», pero non como símbolo senón «como un feito do que se debe facer en Galicia».

Besteiro referiuse aos partidos que intentan «apropiarse» da figura de Castelao e, en contraposición con eles, reivindicou o legado e o pensamento do intelectual rianxeiro como feito.

No acto, que abriu o responsable do PSOE de Rianxo, Carlos Gey, tamén se recordou ás vítimas da traxedia de Angrois cun respectuoso minuto de silencio.