Rianxo improvisa un feirón pasado por auga

Marta Gómez Regenjo
Marta Gomez RIANXO

BARBANZA

Os gaiteiros de Lusco e Fusco non faltaron á cita coa Guadalupe.
Os gaiteiros de Lusco e Fusco non faltaron á cita coa Guadalupe. Marta Gomez

Non hai postos de artesanía pero non faltan os gaiteiros e a xente vestida de mariñeira

18 sep 2014 . Actualizado a las 16:51 h.

Se non hai Feirón Mariñeiro, faise. Os rianxeiros non se resignan a quedar se o seu día grande e, a pesar dos continuos chaparróns, os veciños saíron á rúa para improvisar a súa feira particular.

Non hai postos de artesanía nin as actuacións previstas na rúa, e finalmente suspendeuse tamén a sesión vermú, pero os gaiteiros non lle teñen medo á chuvia e percorren a vila coa súa música.

Non faltan tampouco os veciños ataviados co uniforme dos feiróns: o de mariñeiro, desta volta na versión de traxe de augas, e o de pesca. Con feira ou sen ela, hoxe Rianxo volve ao pasado, nunha versión algo máis descafeinada que outros anos, pero coas mesmas ganas de gozar das festas da Guadalupe de sempre.