Esteiro lembrou a Xosé Agrelo no seu oitavo cabodano

SANDE

BARBANZA

sande

24 nov 2014 . Actualizado a las 13:07 h.

Hai oito anos que Xosé Agrelo deixou, por causa de forza maior, a súa loita a prol do galego, do teatro e da cultura. Un nutrido grupo de veciños, amigos e familiares quixeron esta tarde agradecerlle o esforzo realizado en vida e a fonda pegada que deixou trala morte cunha serie de actos que comezaron na alameda de Esteiro, onde se realizou unha ofrenda floral, se leron vesos e ata se interpretou a cantiga «Alecrín». Despois, xa no interior da Casa da Sociedade, os filólogos Xoán Pastor Rodríguez e Enrique Monteagudo fixeron un percorrido pola vida e a obra do escritor. Como non podía ser de outro xeito, nesta cita promovida pola asociación O Xeito fíxose referencia á proposta xurdida hai uns meses para que o autor sexa distinguido co Día das Letras Galegas 2017. Sería o mellor dos premios que Agrelo podería recibir.