Un proxecto no que participa un mozo de Rianxo recibe un premio autonómico

Marta Gómez Regenjo
M. Gómez RIBEIRA

BARBANZA

O traballo premiado é un teclado en galego para móbiles Android

19 dic 2014 . Actualizado a las 19:23 h.

Dúas empresas vinculadas á Universidade de Santiago de Compostela, FAZ Cultura e Desenvolvemento e Cilenis, uniron as súas forzas para dar forma a un proxecto que vén de ser premiado poa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Trátase dun teclado en galego para móbiles Android e no seu desenvolvemento participou un mozo de Rianxo, Álvaro Ordóñez.

Este teclado foi presentado o pasado verán e a idea de levalo a cabo partiu da necesidade de dar resposta a dúas cuestións. Por unha parte, está o feito de que se usa cada vez máis a comunicación escrita a través de ferramentas coma o correo electrónico, o whatsapp, as redes sociais ou os blogs. E pola outra, a demanda de recursos lingüísticos que incidan nunha maior calidade do galego escrito. Na busca dunha resposta a estas necesidades, naceu a creación dun teclado na lingua autóctona para os móbiles Android que evite que, cada vez que alguén manda unha mensaxe en galego, o texto sexa corrixido automaticamente ao castelán.

O rianxeiro Álvaro Ordóñez é unha das persoas que está detrás desta ferramenta, que hoxe mesmo se proclamou gañadora da primera edición do concurso FaiteDixital de aplicacións móbiles convocado por Amtega.