Emilio Celeiro impartirá unha clase de gravado para alumnos de Artes

La Voz

BARBANZA

El día 21 se abrirá una nueva exposición en el museo ribeirense

11 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Martes • Centro social de Boiro • 17.00 horas • No plan de promoción e difusión dos seus fondos, o Museo do Gravado de Artes cedeulle ao Concello de Boiro unha colección de gravados de Emilio Celeiro, que se exhiben no centro social da vila. O artista estará o vindeiro martes neste inmoble para impartir unha clase, á que acudirán alumnos do bacharelato de Artes. Participarán no acto Manuel Ruiz, presidente da fundación que xestionar o museo ribeirense; Xoán Pastor Rodríguez, o director da sala; e Juan José Dieste, rexedor local.

Nova exposición

Día 21 • Museo do Gravado de Artes • 13.00 horas • Emocións é o título da exposición de Oswaldo Guayasamín que o vindeiro día 21 será inaugurada no Museo do Gravado de Artes. A presentación da mostra correrá a cargo da crítica de arte Fátima Otero. Está prevista a asistencia de Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña, que acudirá acompañada de Ánxela Franco, deputada de Benestar.

Cesión de fondos

A colección de obras de Manuel Facal que forma parte dos fondos do museo ribeirense e que actualmente se exhibe na casa de cultura de Porto do Son viaxará en abril á Guarda, en Portugal. Mentres, Dalí, contador de historias estará na sede da Fundación Abanca de Ourense desde o 6 do mes que ven ata o 2 de xullo.