Mini e o poeta Ramón Blanco súmanse ao acto do BNG

La Voz

BARBANZA

23 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Alameda de Noia • 19.00 horas Tamén o BNG de Noia quixo sumarse á gran homenaxe que estes días se lle está a render a Antón Avilés de Taramancos coincidindo co 25 aniversario do seu pasamento. Na alameda, a carón do busto do bardo, o tamén poeta de Outes Ramón Blanco recitará un versos. No acto participará Xosé Luis Rivas, Mini, cantautor que formou parte da mítica banda Fuxan os Ventos e que actualmente exerce como parlamentario do BNG. A presentación da actividade correrá a cargo da concelleira Irati García Tomé.