Ribeira fomenta a lectura entre os cativos con sete sesións de contacontos

La Voz

BARBANZA

cedida

Juste Kamishibai abrirá o ciclo este fin de semana

30 mar 2017 . Actualizado a las 11:10 h.

Sábado • Biblioteca de Ribeira • 12.00 horas • Juste Kamishibai será o encargado de abrir o ciclo de contacontos que este fin de semana arrancará en Ribeira co fin de promover a lectura entre os cativos. Presentará O kamishibai, un montaxe diferente, no que o papel cobra vida para ser transformado en divertidos monicreques. Aínda que a sesión está fixada para as 12.00 horas, a idea é que os nenos participantes se acheguen á biblioteca ás 11.00, co fin de familiarizarse cos libros e compartir experiencias.

O vindeiro sábado tomará o relevo María Canosa, que tratará que os pequenos afronten os seus medos botando man da poesía. Nos dous últimos fins de semana de abril, a animación correrá a cargo de Luis Vallecillo, con Cantamos un conto na biblioteca?, e de Polo Correo do Vento, que desembarcará en Santa Uxía cunha montaxe sobre Maruxa Mallo.

Para maio están programadas as actuacións de Cris de Caldas, Os Contos de Pablísimo e Elefante Elegante. Do peche encargarase o Servizo de Normalización Lingüística, que montará unha gran festa das letras. Tódalas citas están dirixidas a nenos de entre 3 e 12 anos.