Un franciscano de A Pobra


Nacido n?A Pobra do Caramiñal en 1859, José María Hermo Fidalgo entrou na orde de San Francisco en 1876, desenvolvendo o seu labor misioneiro en Bolivia, Palestina e Exipto. Morreu na cidade de Pontevedra, onde era capelán do convento de Santa Clara. Relixioso moi conservador, a súa primeira obra editada foi unha Guía del peregrino en Tierra Santa, publicada en Xerusalén en 1888. En Bolivia editou na cidade de La Paz a obra La madre de los sueños, en 1899. En plena guerra civil editará Importancia del Catecismo sobre todas las Ciencias Humanas habidas y por haber (1937), pero que na capa leva por título Arriba España Imperial con el Catecismo. Prologada polo avogado Felipe Ruza García, dá boa conta da época na que está escrita na dedicatoria a Francisco Franco, a quen califica de «Católico sincero, elegido por Dios, cual otro caudillo Jerobaal del pueblo Hebreo, para salvar a España del funesto y perverso Comunismo Internacional, Precursor del Anticristo, y verdadero aborto del Infierno». O produto da venda da obra «está destinado a beneficio del Invicto y Glorioso Ejército Español». Non é un catecismo ao uso, senón unha serie de reflexións ultramontanas sobre a necesidade do Catecismo no impío mundo moderno, con ataques ao «impío y masón Azaña y demás cómplices comunistas, judíos y masones». Reproduce documentos interesantes, como o decreto do gobernador de León sobre a moralidade feminina.

Votación
2 votos
Etiquetas
Tierra Bolivia Palestina Religión León Francisco Franco Comarca do Barbanza A Pobra do Caramiñal Pontevedra ciudad
Comentarios