Desde fuera

Sexamos demagogos


L embrar cousas agradables, como afundir os pés baixo a area dunha praia de Arousa norte, pode ser un exercicio cando todo ameaza ruína xeral. Aínda que non corren bos tempos para poñerse tenro. É coma se tivésemos negado ese momentos de felicidade. Entre os amigos cóntanse varios co posto de traballo no aire, outros que seguen levantando a diario a persiana aburados polo crédito... Seguro que todos temos preto algún pensionista ao que o recorte o asfixia. E é que a desconfianza que xera a crise rematou por calarnos os ósos. A crise envólveo todo, explícao case todo e é francamente difícil abstraerse. A nosa é unha rendición incondicional á realidade.

 

Temos que empezar a describir o medo e a desesperada resignación dos que teñen que buscarse a vida cada día en circunstancias lamentables porque non teñen un sindicato que saia á rúa por eles nin un soldo para sempre. Hai xente que vive na súa casa literalmente ás escuras porque non pode pagar a factura da luz. Hai cada vez máis xente durmindo entre cartóns á beira das súas casas, rebuscando nos colectores do lixo. Cruzámonos con eles cada noite. Só hai que mirar para velos. Creo que algún día, o colector da miseria acabará engulíndoos. Un responsable das entidades sociais contaba que a pobreza é real, e que un día estás tan feliz e, ao seguinte, derrotado. Nada iguala tanto aos seres humanos como a desgraza. Soa demagóxico expolo nestes termos, pero é así de real. Que fácil é apoiar causas en abstracto e que custoso é enredarse en penas concretas.

Imponse que os gobernantes que converteron gran parte da poboación en pagáns da súa improvisación constrúan un novo relato moral. Un relato sobre o heroísmo que supón para moitos sobrevivir a un novo día. Agora que lles baixaron o salario aso funcionarios, agora que nos baixaron as pensións, despois de reducir gastos nos concellos, de abaratar despedimentos, agora chegan os partidos políticos apoiando aos cataláns. A moitos partidos gústalles pedir, pero non dar.

Votación
1 votos
Etiquetas
Pensiones
Comentarios