O credo lexionario

José Rodríguez Cabeza DESDE FÓRA

BARBANZA

18 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Penso que cada vez máis a nosa esquerda política (a auténtica), coa conivencia da nosa pseudo-dereita (a hipócrita), ten un comportamento tan aldraxante e paranoico que desborda todo o paroxismo inimaxinable cando ataca as expresións relixiosas. É a conclusión á que cheguei despois de ollar algunha das moitas procesións televisadas da Semana Santa que decidín pasala na casa. Tódolos pasos procesionais teñen a súa profundidade, pero, non sei se pola influencia da procesión do Nazareno, houbo un que me emocionou especialmente. Foi a do Traslado do Cristo da Boa Morte en Málaga por parte da Lexión española.

Neste país, igual que noutros da UE, estamos asistindo a un debate sobre a recuperación do servizo militar obrigatorio e, coma sempre, sae a esquerda manifestando o seu farisaico antimilitarismo, xa que non rexeitan dispoñer duns bos exércitos, pero que sexan profesionais, argumentando que as guerras de hoxe son máis técnicas que as tradicionais. Nada máis lonxe da realidade. Vexamos.

Nin os Tomahawk de Trump nin os KN-02 de Kim Jong son máis eficaces que un vello camión Barreiros dos que se fabricaban en Ourense ou un moderno LeciTrailer de Zaragoza, emporiso os auténticos exércitos modernos deben estar formados polos homes e mulleres da sociedade civil debidamente adestrados. Pénsese que todos os musulmáns teñen a obriga coránica de loitar contra os infieis como al-muhahidims (combatentes da fe) comandados por un mestre especializado ad hoc, rol do que moi ben podería ocuparse a Lexión en combinación coa Garda Civil.