Grazas «don» Segundo Durán fillo

La Voz BUZÓN DEL LECTOR

BARBANZA

27 abr 2017 . Actualizado a las 21:19 h.

Puede enviar sus textos a la dirección de correo electrónico redac.barbanza@lavoz.es

H ai unha etapa da vida na que os fillos coma vostede e coma min iniciamos o tránsito dende a nenez á idade adulta. A adolescencia, é un período relativamente convulso no que, moitas veces, baixo o influxo das crecentes gonadotropinas nos volvemos rebeldes, teimudos e mesmo algo insolentes. Temos a necesidade manifesta de tomar o control das nosas vidas, debemos ser nós quen tome as decisións e a reactividade propia da adolescencia lévanos, moitas veces, a tomar decisións sectarias, incorrectas e mesmo imprudentes. Por suposto, cando as cousas van mal a culpa é do resto e non túa.

Que agora se revise como foron os anteriores nomeamentos ou mesmo que poidan ser anulados, non é froito do revanchismo do resto de forzas, é o resultado da súa mala decisión. Se se houbese deixado aconsellar ou se simplemente atendese á argumentación do resto de grupos municipais vería que, pese a non ter o carné, Ballesteros conta cun currículo suficientemente meritorio para ser fillo adoptivo. Pero claro, non era da familia «y el concepto es el concepto».

Se o seu pai nos acompañara hoxe, de seguro lle diría aquilo de «unha para aprender e outra para saber». Sexa responsable señor Durán, asuma as consecuencias das súas malas decisións. Medre e deixe atrás a adolescencia política. Unai Pardavila Rivas. A Pobra