A Faxarda, en Carreira

rocío dourado

BARBANZA

28 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Faxarda (Carreira, Ribeira), igual que os seus cognados en Arteixo, Cambados e Ribadeo, pode explicarse a partir dun antropónimo non documentado *fagiardus ou similar, xerador en última instancia do apelido (é de supoñer que, noutrora, nome persoal) Faxardo.

A constitución dese antropónimo pode explicarse a partir da onomástica persoal xermánica, pois o tema inicial sería fak- / fag- (identificábel, por exemplo, co gótico *fahs «alegre»), mentres que o segundo elemento é o fráncico hardus «duro, sólido».

A partir dese nome persoal, a forma toponímica A Faxarda podería explicarse como forma feminina do apelido Faxardo antes mencionado. Por exemplo, como alusión a unha muller provista dese apelido que viviu noutrora no lugar en cuestión.