Xogos contra o liberalismo

José Rodríguez Cabeza DESDE FÓRA

BARBANZA

27 may 2017 . Actualizado a las 13:54 h.

A actualidade lévanos hoxe a profundar sobre dúas cuestións que, aínda que non o pareza, teñen un fondo calado social e ideolóxico. A primeira é a sentencia europea do 11/12/2014 sobre a incompatibilidade dun sistema absolutista, de facto monopolista, nos portos españois por parte dos estibadores. Máis de dous anos precisou o PP de Mariano para afrontar este esperpento consecuencia da Lei 27/1992 de Portos do Estado e da Mariña Mercante do executivo de Felipe. O que non se entende é que para esta decisión, gobernos de Aznar incluídos, fose precisa a intervención dun xulgado da UE. Pero este conto aínda non rematou tendo en conta os niveis de socialización da vida privada en España.

O segundo é o que vai supoñer ?o que supón xa? a aparición do aluguer de coches entre particulares, como alternativa á mobilidade tradicional, a través da aplicación P2P Carsharing. ¿Deben prohibirse estas prácticas? ¿Como deben intervir os poderes públicos nisto? A cuestión é complexa xa que, por unha banda as prohibicións fomentan a economía mergullada (caso das vivendas vacacionais, as Airbnb), pero por outra atentaría contra a liberdade de uso que cada propietario dun coche queira darlle dentro da legalidade vixente.

O problema dos traballos portuarios non se tivera producido se se liberalizaran no seu momento. O mesmo pode pasar ?e de seguro pasará? con estes car hire entre particulares se son regulados cunha lexislación intervencionista restrinxida. ¡E xa non digamos cando teñan que afrontar os crowdsourcing (encargos abertos de tarefas)!.