Dúas estudantes do Félix Muriel gañaron un premio á investigación lingüística

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

CEDIDA

23 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Fátima Ordóñez e Laura Conde son os nomes das dúas estudantes de segundo de bacharelato do rianxeiro IES Félix Muriel que acaban de recibir o primeiro premio de investigación lingüística e etnográfica sobre linguas e culturas galegas Marcosende, que organiza a Universidade de Vigo (UdV). O motivo de tal galardón débese ao estudo antroponímico realizado por estas mozas sobre os apelidos de Rianxo máis frecuentes -de libre acceso na web do equipo de dinamización da lingua galega do instituto www.rianxofala.com- e que conta cunha parte estatística composta de gráficas e comparativas a nivel autonómico.

Co apoio das docentes Valentina Formoso e Susana Hermo, as rapazas empregaron os recreos e tempo do seu ocio para elaborar este amplo ensaio que lles valeu para obter unha tablet. «Para nós é un recoñecemento importante ao traballo realizado polas nosas estudantes, nun ámbito tan importante para os sinos de identidade galegos como é a antroponimia», expresou a responsable do equipo de dinamización, Valentina Formoso, visiblemente orgullosa do logro.