Poldras, Goya e Dalí, xuntos no museo do gravado

La Voz

BARBANZA

cedida

«Os caprichos espidos» é nova exposición que se poderá ver no edificio de Artes

13 oct 2022 . Actualizado a las 17:40 h.

Hoxe, ás 20.30 horas, inaugurase unha nova exposición no Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital. Trátase de Os caprichos espidos, unha mostra composta por medio cento de pezas (dez dez debuxos de grafito, dez linografías e outros tantos debuxos dixitais) realizadas por Xosé Poldras. A colección combina unha parte artística, de creación propia, e outra divulgativa, referida ao cartafol dos famosos gravados de Francisco de Goya. A maiores, amosaranse 10 gravados orixinais de Goya e dez heliogravados de Salvador Dalí.

A exposición permanecerá a disposición do público na sala 2 do edificio ata o 14 de decembro.