Os autores locais venden ben

Laura Ríos
Laura Ríos RIBEIRA

BARBANZA

Librerias del Barbanza
MARCOS CREO

Plumas e temas da zona interesan máis aos lectores barbanceses

20 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

a. A xente aposta polo talento dos autores locais?

b. Segue habendo diferenza entre os xéneros que compran os homes e as mulleres?

c. É doado manter clientes na época dos clics e as pantallas?

Luz Estévez
Luz Estévez MARCOS CREO

1. Luz Estévez

Kiosko Luz (A Pobra)

a. Nós temos aquí a Manuel Losada e, aínda que naceu en Vilagarcía, hai moita xente que vén preguntar por el e polo seu libro La fábrica del olvido.

b. Os homes tamén len novela romántica, o que pasa é que non o din, ven collela algunha muller pero despois gózana eles.

c. Eu o que fago é estar pendente das obras que lles gustan. Hai tardes que teño que sentar un bo rato a enviar mensaxes.

Rosa Tubío.
Rosa Tubío. MARCOS CREO

2. Rosa Tubío

Espazo Lector Nobel (Boiro)

a. Da comarca o que máis se vende é Antón Riveiro, a xente vén preguntar pola súa última publicación, Hotel Carioca. Nós sempre intentamos facer promoción dos escritores locais.

b. Cada vez hai menos pero segue habendo, penso que as mulleres van polo romántico e os homes pola novela negra.

c. É complicado, conséguelo máis coa xente maior, pero a xuventude tira máis por internet.

Cipriano Pose.
Cipriano Pose. MARCOS CREO

3. Cipriano Pose

Ler (A Pobra)

a. Aquí hai moitos autores punteiros, pero polos que máis vén a xente penso que son Antón Riveiro e Antonio Piñeiro. Outro tamén é Xerardo Agrafoxo, non se pode entender a comarca nin a antropoloxía de Galicia sen ler a este autor.

b. Non sei se hai moita diferenza en xeral. No meu caso penso que as mulleres adoitan ler máis que os homes excepto determinados xéneros como os ensaios políticos. Aínda así, esa tendencia está desaparecendo coa fama de autoras como Hannah Arendt.

c. O que axuda a manter clientes é ter o que eles buscan. Ás veces a calidade dalgúns autores obrígache a estar ao día coas novidades porque a xente vén buscalas.

Pablo Gómez.
Pablo Gómez. MARCOS CREO

4. Pablo gómez

Cándido (Rianxo)

a. Si que hai xente da nosa zona que consegue ese efecto. En Rianxo hai escritores coma Ricardo Losada ou Adrián Ramos polos que a xente se acerca á libraría a ver se xa chegaron as novidades.

b. Penso que hai tendencias que se seguen mantendo pero iso depende dos gustos de cada persoa. En contra do que poida parecer, non a todas as mulleres lles gusta a novela romántica, cada vez hai máis lectoras de thriller.

c. Cada vez é máis complicado, nós intentamos atraer á xente a través da nosa páxina web e as redes sociais para ter unha especie de escaparate en liña. Leva bastante tempo colgar todas as fotos pero é a única maneira.

CARMELA QUEIJEIRO

5. María José Maneiro 

Andrea (Porto do Son)

a. Aquí os autores locais non teñen moito tirón, máis ben os libros que conten algo do Son, pero non autores locais porque si. Un exemplo é o de Fernando Facal, Estampas de Porto do Son, que aínda que vale 30 euros vendeuse moi ben.

b. Na xuventude cada vez hai menos, pero eles seguen preferindo o manga e elas os influentes.

c. É cada vez máis complicado, a xente xa compra todo por internet, ata de segunda man.