O BNG pobrense pide que se lembre a Carlos Casares

ribeira

A POBRA DO CARAMIÑAL

Os frentistas solicitan que se programe durante maio actividades conmemorativas das Letras Galegas

27 abr 2017 . Actualizado a las 05:05 h.

O BNG da Pobra solicitará á corporación municipal que o Concello programe durante o mes de maio «actividades conmemorativas das Letras Galegas e de promoción da lingua e da cultura galega, que inclúan a homenaxe ao escritor Carlos Casares». Ademais, os frentistas tamén solicitan que o Concello apoie as accións promovidas por asociacións relacionadas coa defensa do galego.