«Do arranxo dos barcos dos turistas non se vive»

Ana Gerpe Varela
A. Gerpe RIBEIRA / LA VOZ

BOIRO

Ramón Blanco Fajardo, fundador de Astilleros de Aguiño

28 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Aínda que leva uns anos retirado, Ramón Blanco Fajardo continúa estando moi ao tanto do que sucede no estaleiro. Non é de estrañar, xa que o levantou grazas ao seu esforzo e ve como os seus fillos o manteñen a flote.

­-¿Onde aprendeu vostede o oficio?

-Traballaba nun estaleiro en Barraña, en Boiro, e decidín montar aquí o negocio porque en Aguiño había moitos barcos. Funo levantando pouco a pouco. Antes de ter acabada a nave xa tiña contratado un barco para facer. Facíamos unhas tres embarcacións ao ano. A maioría eran naves de artes menores, duns dez metros de eslora.

-¿Xa non fan barcos?

-Agora o que se fan son reparacións. As cousas foron cambiando moito no mundo do mar.

-¿Teme pola supervivencia do negocio?

-Eu sei que coa pesca non van acabar, pero as cousas son difíciles para o sector. Un exemplo é Aguiño, que era unha localidade na que había moitas embarcacións. Agora só quedan as planadoras dedicadas ao marisqueo. A falta de cota acaba co sector e isto tamén se nota na actividade dos estaleiros.

-Pero a empresa diversificouse e hai outro tipo de mercado, como o das embarcacións de recreo, moi en auxe na zona.

-Do arranxo dos barcos dos turistas non se vive. Non son embarcacións que requiran moito mantemento e, en moitos casos, son os propios donos ou xente próxima a que se encarga diso.