Noia homenaxea a Avilés de Taramancos

M.X.B.

NOIA

carmela queijeiro

Os actos comezaron cunha ofrenda floral no cemiterio de Boa

22 mar 2017 . Actualizado a las 15:17 h.

Unha ofrenda floral no cemiterio de Boa, na sepultura que garda os restos do escritor, empezaron en Noia os actos para lembrar a Antón Avilés de Taramancos coincidiendo co 25 aniversario do se pasamento. O rexedor local, Santiago Freire, e a viúva do poeta, Sofía Baquero, foron os encargados de depositar o ramo de flores. Isabel Veiras e Pilar Sampedro puxéronlle voz á solemne estampa mediante a lectura de versos.

Posteriormente, o concelleiro de Cultura, José Pérez, depositou no centro social de Boa 16 exemplares da biografía de Antón Avilés e outros tantos da antoloxía poética realizada por Xosé María Álvarez Cáccamo, co fin de que os veciños teñan acceso a este material

As actividades promovidas polo Concello noiés continuarán esta tarde. Ás 18.30 horas principiará, na casa de cultura, un roteiro polos lugares do casco histórico vinculados ao poeta; mentres que ás 20.00 horas haberá unha charla a cargo de Xosé María Álvarez Cáccamo.