Beiras sumouse ás homenaxes a Avilés de Taramancos

Marta Gómez Regenjo
M. Gómez NOIA

NOIA

Photographer:Pedro Garcia Losada

A Marea Cidadá celebrou un coloquio na tardiña de onte

25 mar 2017 . Actualizado a las 11:37 h.

A Marea Cidadá tamén se sumou á conmemoración do 25 aniversario do pasamento de Antón Avilés de Taramancos cunha serie de actos que comezaron onte e hoxe teñen continuidade cun roteiro e un xantar de confraternidade. Á cita de onte pola tarde, un coloquio arredor da figura do homenaxeado, tamén acudiu Xosé Manuel Beiras, que falou da importancia de Avilés na vida política galega.

Foi un acto emotivo no que os participantes puxeron sobre a mesa as súas lembranzas sobre Avilés de Taramancos. Compartiron charla con Beiras David Pérez e Ismael Ramos, que se encargaron de facer un percorrido pola súa obra, e Pilar Sampedro. Ela falou da parte máis persoal de Avilés desde o seu retorno a Noia desde Colombia.