O BNG de Muxía carga contra o Concello por «ningunear» a figura de López Abente

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

O candidato, Carlos Fernández Concheiro, considera inaudito que non se teñan feito actos para conmemorar o Día das Letras Galegas e que a biblioteca permaneza pechada

20 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O grupo municipal do BNG de Muxía, representado por Carlos Fernández Concheiro, carga contra o goberno local socialista por non ter promovido ningunha actividade por mor do Día das Letras Galegas, a pesar de ser o «único municipio da comarca de Fisterra cun autor homenaxeado nas Letras», como é Gonzalo López Abente.

«Todos os anos, antes de chegar este goberno, houbo un programa polos 17 de maio, con roteiros literarios, exposicións, charlas, representacións teatrais e obradoiros. Este é o primeiro executivo local que ningunea a López Abente», apunta Fernández Concheiro, que tamén lamenta que o alcalde, Iago Toba, estea deixando «morrer» a fundación erguida no nome do autor muxián.

Por outra banda, o nacionalista tamén apunta que nos últimos anos o Concello deixou de «solicitar as subvencións para Normalización Lingüística» ou para a promoción da biblioteca, «que arestora segue pechada», indica Fernández Concheiro.