O legado de Carlos Casares, protagonista da primeira sesión das xornadas do profesorado

La Voz

CABANA DE BERGANTIÑOS

ANA GARCÍA

O ciclo Dombate Primavera da Poesía botou a andar onte pola tarde

20 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O ciclo Dombate Primavera da Poesía botou a andar onte pola tarde no centro de interpretación do dolmen cabanés cunha xornada que serviu para homenaxear a Carlos Casares.

A escritora ceense María Canosa oficiou de mestra de cerimonias da sesión na que Manu Polo e Ana Carreira, da compañía Ubú Teatro, puxeron en escena e explicaron o aproveitamento didáctico do espectáculo que esta última preparou inspirándose na obra de Casares A galiña azul.

Os participantes, medio cento de profesores, desprazaranse esta tarde (18 horas) ata Laxe para participar nun roteiro pola localidade natal do poeta Antón Zapata, que lle dedicou algúns dos seus versos ao dolmen de Dombate. Miro Villar será o guía desta segunda xornada.

Ademais, hoxe dará comezo o apartado dedicado aos escolares deste programa organizado polo Concello de Cabana e a editorial Galaxia. Xoán Carlos Domínguez impartirá (en Dombate, ás 10 horas) un obradoiro de poesía a cargo do profesor e escritor Xoán Carlos Domínguez Alberte no que participarán estudantes de quinto e sexto de primaria do CPI As Revoltas.