Noventa mozos e mozas participan hoxe en Carballo na fase de zona do Club de Debate

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

CEDIDA

É unha iniciativa dos Servizos de Normalización de varios municipios galegos

15 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Noventa mozos e mozas de institutos de Ferrol, Oleiros, Teo, Vedra e Carballo participarán hoxe na capital de Bergantiños na fase de zona do Club de Debate, onde terán que expoñer argumentos a favor e encontra arredor do mesmo tema: Os deberes escolares son convenientes para a educación. Os dous equipos de Carballo están conformados por escolares do Parga Pondal e as súas intervencións están previstas para as 10.00, 13.00, 13.50 e 18.15 horas. Será unha xornada intensa no Pazo da Cultura, toda vez que, dende a presentación ás 09.30, os debates prolongaranse ata as 19.05. Para as 20.15 está prevista a entrega de galardóns. De cada debate, o xurado emitirá unha puntuación coa que se conformará a clasificación final e cuxos dous primeiros equipos recibirán como agasallo material cultural. O xurado está conformado por Ramón Vilar Landeira, Melina Regueira, Iván Méndez, Pilar Patiño e Xosé María Lema.